O Consello Escolar está formado actualmente por 15 persoas representando a toda a Comunidade Educativa. Entre as súas funcións están as seguintes:
- Coñecer e aprobar a PXA do centro sen prexuízo das competencias do Claustro do profesorado en relación coa planificación e organización docente.
- Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas com suxeición ao establecido na lexislación.
- Aprobar as contas relativas á subvención do Concerto Educativo.
- Coñecer as contas relativas ao funcionamento das actividades extraescolares.
- Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar da obtención de recursos complementarios.
- Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de tratamento e a non discriminación.
- O observatorio da convivencia (composto por membros do Consello Escolar) coñecerá a resolución de conflitos disciplinarios e mirará por que se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo Director/a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o observatorio da convivencia, a instancia de pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.