Todo centro escolar debe ter un espazo no que o alumnado poida desfrutar dun tempo de lecer e tranquilidade, cada persoa ao seu modo, cada persoa cos seus intereses.
No CPR Don Bosco a este espazo chamámolo “Biblioteca”. Un lugar no que o alumnado pode desevolver a súa aprendizaxe, descubrir mundos secretos e máxicos, investigación, creación, historias reais, emocións, xogos, aventuras… é dicir, deixar voar a súa imaxinación. Un lugar no que vivir todo tipo de experiencias, tanto lectoras coma doutro tipo, traballando de xeito específico a competencia informacional (ler para aprender).
Agora mesmo estamos nun momento de cambios e melloras deste lugar tan especial e importante da nosa escola. Temos en marcha un proxecto de renovación e actualización da nosa Biblioteca, e a pesar de que está a levar traballo e esforzo, a nosa comunidade educativa aposta por este proxecto, estando absolutamente convencidos de que será, nun futuro próximo, un dos mellores espazos do centro para que o noso alumnado atope un lugar cálido, bonito e apacible onde compartir momentos de lecer e onde poder crecer como persoas.
“Porque unha alumna que le é unha adulta que pensa”
“Porque un alumno que le é un adulto que pensa”