Hoxe día 2 de abril conmemórase dende o 1967 o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Sabedes por que? Pois porque nese día, pero do ano 1805, naceu o escritor danés Hans Christian Andersen.
Dende o Equipo de Dinamización das Linguas queremos acercarvos unha morea de enlaces a libros, contos, museos, actividades, emisoras de radio nas catro linguas que traballamos no colexio: galego, castelán, inglés e francés. Son os primeiros enlaces, pero non dubidedes en que iremos engadindo máis, para que os nosos alumnos poidan ir cun clic a un mundo cheiño de palabras, sons, imaxes e emocións.
Para acceder so tedes que facer clic aquí ou copiar esta dirección no voso navegador: